A Palleta Sintética

Hai xa ben tempo, e por cuestión de curiosidade, construín unha palleta con pas sintéticas. Casualmente o resultado tímbrico pareceume máis que aceptable e decidín estudar a cuestión en profundidade. Considero que as palletas de cana son insustituibles debido ao seu timbre e tendo en conta que os punteiros están especialmente deseñados para elas. Malia todo, a palleta sintética que vos presento ofrece un timbre absolutamente realista cuns matices propios, o cal dificulta a súa distinción dunha palleta tradicional e, ó mesmo tempo, permítelle acadar entidade propia. Constitúe, pois, unha magnífica alternativa como palleta de iniciación e estudo, aínda que considerala só para tales fins é infravalorar todo o que pode dar de sí

Preme aquí para ver algúns videos.

MANIPULACIÓN:

Engadir fío na parte inferior do tudel para que a palleta encaixe perfectamente no punteiro. Unha vez colocada comprobar a apertura das pas e, se é preciso, manipular con coidado o freo de arame para abrila ou pechala. Agora só queda poñer fita adhesiva sobre os buratos do punteiro que se precisen para axustar a afinación. Sempre deberemos facer uso da fita adhesiva con este tipo de palletas xa que non se poden raspar e, á súa vez, os punteiros están deseñados para as palletas tradicionais de cana.

Para ver e oír unha pequena demostración do resultado da miña palleta sintética, podedes visitar o Blog, alí poderedes acceder a un dos video de youtube que amosan probas de son con diferentes punteiros.