PALLETA SINTÉTICA

Hai xa ben tempo, e por cuestión de curiosidade, construín unha palleta con pas sintéticas. Casualmente o resultado tímbrico pareceume máis que aceptable e decidín estudar a cuestión en profundidade. Considero que as palletas de cana son insustituibles debido ao seu timbre e tendo en conta que os punteiros están especialmente deseñados para elas. Malia todo, a palleta sintética que vos presento ofrece un timbre absolutamente realista cuns matices propios, o cal dificulta a súa distinción dunha palleta tradicional e, ó mesmo tempo, permítelle acadar entidade propia. Constitúe, pois, unha magnífica alternativa como palleta de iniciación e estudo, aínda que considerala só para tales fins é infravalorar todo o que pode dar de sí..

Palleta Sintética

MANIPULACIÓN:

Engadir fío na parte inferior do tudel para que a palleta encaixe perfectamente no punteiro. Unha vez colocada comprobar a apertura das pas e, se é preciso, manipular con coidado o freo de arame para abrila ou pechala. Agora só queda poñer fita adhesiva sobre os buratos do punteiro que se precisen para axustar a afinación. Sempre deberemos facer uso da fita adhesiva con este tipo de palletas xa que non se poden raspar e, á súa vez, os punteiros están deseñados para as palletas tradicionais de cana.

VIDEOS UTILIZANDO A PALLETA SINTÉTICA

Produto patentado. Número de patente: ES 1 078 659 U

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies